publicidade hoxe

A Xunta móstrase disposta a revisar o deseño do carril bici da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mostrouse este mércores disposta a que o seu departamento “revise” o deseño do carril bici que transcorre entre Baiona e A Guarda, un tramo de estrada no que un condutor arrastrou a pasada fin de semana a un grupo de ciclistas, causando a morte a un deles e deixando feridos graves a varios.

A preguntas dos medios sobre esta cuestión, a conselleira, quen lamentou “profundamente” o sinistro apuntou que a administración está disposta a “revisar o deseño” dese carril “para compatibilizar” o uso do mesmo por parte de deportistas profesionais, afeccionados e tamén peóns.

“Sabemos que este carril bici non satisfai aos profesionais”, recoñeceu, pero engadiu que o seu uso por este colectivo debe ser compatible co desfrute doutros deportistas e viandantes.

Ethel Vázquez fixo un chamamento á “reflexión” sobre as condicións dos condutores e as probas psicotécnicas, así como sobre a educación vial, e precisou que calquera revisión do carril bici entre Baiona e A Garda farase “con criterios técnicos, non políticos”.

Así mesmo, a conselleira recordou que “nun accidente interveñen moitos factores” e que, no da fin de semana, “parece que o condutor foi determinante”. Non obstante, engadiu, deberán ser as “autoridades competentes” as que investiguen e determinen as circunstancias do sinistro.

16 de marzo de 2016 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.