publicidade hoxe

A Xunta entrega 7 novos vehículos todoterreo para reforzo das Agrupacións de Protección Civil

Alfonso Rueda na entrega de vehículos

Alfonso Rueda na entrega de vehículos

O vicepresidente da Xunta , Alfonso Rueda incidiu hoxe na aposta do goberno galego de continuar reforzando e mellorando os equipos materiais das Agrupacións de Protección Civil, ca entrega hoxe de novos 7 vehículos todoterreos.

Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e do xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Juan José Muñoz Iglesias, entregou hoxe 7 vehículos todo terreo tipo “pick up” con destino aos servizos municipais e supramunicipais de protección civil co fin de garantir unha resposta homoxénea e eficaz fronte ás emerxencias calquera sexa o lugar onde esta se produzan.

En concreto entregáronse vehículos todo terreo “pick up” aos concellos de Boqueixón, Cortegada, Esgos, Paderne de Allariz, Redondela, Vilaboa e á agrupación de voluntarios Oitaven –Tea integrada polos concellos de A Lama, Mondariz, Mondariz Balneario, Covelo e Fornelos.

A Xunta destinou para a adquisición destes vehículos, máis de 244.000 euros, no marco do Programa Operativa FEDER de Galicia 2007-2013 destinado a adquisición de material operativo en materia de emerxencias para mellorar o equipamento dos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e emerxencias.

Este equipamento forma parte dun ambicioso plan de mellora dos medios materiais que permitirá mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións nas emerxencias. Nos últimos meses estase levando a cabo unha distribución de material extraordinaria, que permite aos Voluntarios de Protección Civil estar mellor preparados que nunca.

Os Concellos cumpren un papel esencial no sistema público integrado de protección civil de Galicia pois a eles corresponde o primeiro nivel de resposta fronte a calquera emerxencia pero non sempre os servizos municipais dispoñen de todos os medios necesarios e, menos aínda, de recursos máis técnicos e especializados, polo que é necesario poder dotalos dun equipamento adecuado que posibilite e redunde nunha mellor capacidade de intervención co fin de acadar un maior grao de seguridade para os cidadáns. Neste senso un dos obxectivos de Xunta de Galicia é o de conseguir a maior calidade de resposta ás emerxencias en todo o territorio de Galicia baseada en criterios de eficacia, eficiencia e homoxeneidade.

Características dos vehículos

Os vehículos que hoxe foron entregados contan con gancho de remolque fixo tipo bola on instalación eléctrica de 13 polos; cabrestante eléctrico situado na parte dianteira con soporte especifico ao modelo de vehículo cunha capacidade mínima de arrastre 3000 kg; caixa de primeiros auxilios equipada con soporte para vehículo; extintor de po ABC de 6 kg con soporte para vehículo; 2 lanternas de led con cargador de vehículo e cono de cor amarela con autonomía mínima de 4 horas; pinzas de acendido de emerxencia; ponte de luces de led con un mínimo de 44 led de forma aerodinámica con altofalantes de 100 w no centro; 2 focos tipo microled en aletas dianteiras do vehículo cun mínimo de 3 led cada un; 2 focos de led para a parrilla dianteira do vehículo cun mínimo de 6 led cada un; a caixa traseira recuberta en fibra e cuberta co persiana de peche; e unha conexión Bluetooth para teléfonos móbiles.

14 de marzo de 2016 | 12:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.