A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aproba modificacións do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou dúas modificacións por importe total de 105.000 euros do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2016 relativas aos concellos de Vilamarín e Cortegada. Así o informou esta mañá a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 4 de marzo.

En concreto, aprobouse a modificación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2016 no relativo ao Concello de Vilamarín, incorporando ao plan provincial, en substitución da obra “mellora da capa de rodadura Cibrán, As Chouzanas, O Vilar e outros”, a obra denominada “limpeza e mantemento da capa de rodadura no lugar de Vilamarín”, cun importe total de 52.500 euros.

Asemade aprobouse a modificación do mesmo plan no relativo ao Concello de Cortegada, incorporando ao plan provincial, en substitución da obra “1ª fase do acondicionamento da praza Campo da Feira”, a obra denominada “Arranxo de estradas municipais en Pazo, Louredo, Piñón, Cortegada e Vilaverde”, cun importe total de 52.500 euros.

4 de marzo de 2016 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.