publicidade hoxe

A Xunta asigna dúas vivendas de promoción pública na Pastoriza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PastorizaLocal Portada
A-
A+

O Instituto Galego da Vivenda e Solo realizou hoxe o sorteo de asignación entre adxudicatarios de dúas vivendas de promoción pública en Reigosa (A Pastoriza). Este sorteo serviu para asignar unha vivenda concreta a cada un dos adxudicatarios, que despois puideron coñecer as súas futuras residencias acompañados de técnicos da Xunta.

As vivendas están incluídas nun grupo de oito inmobles de promoción pública construídos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no concello de Pastoriza, cun investimento de máis de 700.000 euros. As seis vivendas restantes xa foron entregadas aos seus adxudicatarios.

Da mesma maneira, mañá mércores 16 se procederá ao sorteo de asignación de catro vivendas de promoción pública en Chantada e o venres 18 sortearanse entre os adxudicatarios nove vivendas de promoción pública en Becerreá.

Despois do sorteo e unha vez coñecida a vivenda que corresponde a cada adxudicatario, o Instituto Galego da Vivenda e Solo realizará o estudo económico no que se determina o réxime de adxudicación (alugueiro ou compravenda) e o prezo a pagar, en función dos ingresos e composición da familia. A normativa obriga a adxudicar en réxime de alugueiro cando os ingresos ponderados do adxudicatario non superan 1,5 veces o Iprem.

Posteriormente comunicarase a adxudicación e as condicións da mesma a cada adxudicatario, abríndose un prazo para a aceptación da vivenda e para a realización dos trámites previos á entrega de chaves.

No último ano a Xunta entregou aos seus adxudicatarios máis de 400 vivendas de promoción pública nas catro provincias galegas.

15 de marzo de 2016 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.