A Xunta acollerá en Santiago a primeira xornada do programa europeo Build Upon
A Xunta, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, acollerá o vindeiro mércores, 16 de marzo, unha xornada dedicada á “Rehabilitación enerxética da edificación: unha responsabilidade compartida” incluída no proxecto Build Upon, que se desenvolve en trece países da Unión Europea e está financiado polo Programa de Investigación e Innovación da Unión Europea Horizonte.
A xornada, presidida pola conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, está dirixida a todos os interesados no sector da rehabilitación, dende empresas e colectivos profesionais ata consumidores e usuarios de vivendas. A participación na actividade é libre e gratuíta, previa inscrición a través de http://www.gbce.es/es/inscripcion-en-taller-1-de-build-uponnova venta.
A xornada terá lugar na tarde do 16 de marzo, no salón de actos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Área Central, Polígono de Fontiñas, Santiago de Compostela) e contará coa presenza de René Bresson, secretario da Association des Consultants en Aménagement et Développement des territoires, que falará sobre “Rehabilitación enerxética, da estratexia á realidade. O caso de Francia”. Asemade, realizarase a presentación do proxecto Build Upon.
O lanzamento do programa realizouse o pasado 1 de marzo é a xornadas de Santiago de Compostela é a primeira das seis que se realizarán en diversas localidades españolas. A organización decidiu comezar estas xornadas en Santiago pola importancia que teñen os programas de rehabilitación da Xunta de Galicia, que serven de exemplo para o resto de España.
Build Upon é o maior proxecto colaborativo a nivel mundial en torno á rehabilitación de edificios, reunindo a unhas 1.000 organizacións de 13 países.











