A maior parte da flota galega permanece amarrada ante a alerta laranxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLugoPontevedra
A-
A+
Europa Press

A maior parte da flota galega quedouse amarrada a porto este luns debido á alerta laranxa no litoral que afecta ás tres provincias costeiras galegas. Segundo informaron desde confrarías de Rías Baixas, Costa da Morte e a Mariña Lucense a maioría das embarcacións non saíron a faenar.

A este respecto, o presidente das confrarías galegas, Tomás Fajardo, sinalou que ante unha xornada de meteoroloxía adversa como esta a flota adopta por “precaución” a decisión de non saír a faenar debido aos riscos.

En concreto, Meteogalicia informa dun aviso nivel laranxa para este luns con mar combinada de noroeste, con ondas de cinco a sete metros, ao que se unen ventos de suroeste de forza 7 con intervalos de 8.

28 de marzo de 2016 | 11:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.