A Deputación de Pontevedra súmase ao Día Mundial da Síndrome de Down

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
A Deputación de Pontevedra súmase ao Día da Síndrome de Down

A Deputación de Pontevedra súmase ao Día da Síndrome de Down

A Deputación de Pontevedra sumouse hoxe, 21 de marzo, ao Día Mundial da Síndrome de Down, declarado por Nacións Unidas en novembro de 2011 como símbolo da trisomía do cromosoma 21 que se traduce na Síndrome de Down. A fachada do Pazo provincial xa está decorada con globos azuis e amarelos e esta noite tinguirase de azul.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aproveitou esta ocasión para destacar a necesidade dar visibilidade á Síndrome de Down entre a opinión pública, así como a reivindicar o papel das persoas que forman parte deste colectivo como cidadáns con dereito a unha vida en igualdade de condicións e oportunidades que o resto da sociedade.

Tamén hoxe, con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, a deputada delegada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rosa Rivas, mantivo unha reunión coa Asociación de Síndrome de Down Xuntos Pontevedra. Neste encontro a deputada mostrou a total colaboración da Deputación de Pontevedra para que a sociedade teña coñecemento do traballo que Down Xuntos leva a cabo para impulsar actuacións que melloren as condicións de vida das persoas con Síndrome de Down.

21 de marzo de 2016 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.