publicidade hoxe

A Consellería do Mar acondicionará o vial portuario de Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, pavimentará uns 300 metros cadrados do tramo final do vial portuario de acceso ao porto de Pontecesures. Así o anunciou o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita realizada esta mañá ás instalacións portuarias da vila pontevedresa.

José Juan Durán percorreu, acompañado da alcaldesa de Pontecesures, Cecilia Tarela, o paseo e o vial portuario para comprobar sobre o terreo o punto no que se levarán a cabo as obras de pavimentado. Tamén comprobou o estado das instalacións para as que a alcaldesa solicitou algunhas reparacións, como por exemplo, a revisión dalgunas caixas de distribución de electricidade, alumeado e limpeza, entre outras.

Todas as peticións solicitadas pola representante do concello serán estudadas e avaliadas polos servizos técnicos de Portos de Galicia. O custo estimado tanto da actuación do pavimetado como doutras pequenas reparacións é de arredor de 10.000 euros. Ademais recentemente foi revisado e reparado o pantalán adicado ás embarcacións do sector profesional que presentaba alguns desperfectos producidos polo uso.

2 de marzo de 2016 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.