A Asociación de Alumnos da USC conmemora o seu 20 aniversario nomeando como socio de honra a Casares Long
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebrará, este venres, un acto de conmemoración do XX aniversario da asociación, no que nomearán socio de honra á que foi a anterior reitora da institución académica, Juan Casares Long.
O acto terá lugar ás 18,30 horas no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC e estará presentado pola presidenta de Alumni USC, Benita Silva.
Tamén acudirán o reitor da USC, Juan Viaño; o conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez; e o reitor e fundador da Asociación, Darío Villanueva.
En representación do Concello de Santiago (o alcalde atoparase de viaxe pola cita de Cidades Patrimonio e non pode ir) acudirá o concelleiro de Educación, Manuel Dios, e a titular de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois. Como representante dos socios estará Carlos Gómez.
O acto contará co acompañamento musical dun cuarteto de corda da Escola Municipal de Música e ao finalizar servirase un viño para todos os asistentes.











