publicidade hoxe

A alcaldesa de Lugo nega que a vítima de Becerreá non fora ben atendida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, volveu a reivindicar este martes o traballo “exhaustivo” que se realiza na Casa da Muller e negou que a vítima mortal de violencia de xénero de Becerreá non fose “ben atendida” nas súas instalacións.

Díxoo tras as críticas lanzadas pola asociación Ve-la Luz sobre “desamparo” das mulleres que acoden a este centro de información, tendo en conta que esa muller acudiu alí na mañá do día do crime.

Respecto diso, a rexedora lucense incidiu en que “non é certo” que non recibise a atención adecuada. “Seguiuse totalmente o protocolo”, abundou, tras subliñar que non se pode actuar se non hai unha denuncia previa e así o di o protocolo de actuación”.

“Esta persoa non presentara ningunha denuncia, o que se lle dixo foron as pautas a seguir que se lle din a calquera persoa que é vítima de malos tratos: como debe actuar para que logo se poida actuar desde servizos sociais”, perseverou.

Con todo, a socialista sinalou que “toda incidencia ten que ser mirada, liquidada”, porque un servizo que “por desgraza atende a tanta xente sempre é mellorable”. “Estamos a falar de 3.000 casos nun ano”, salientou, tras aseverar que ningún fillo da muller asasinada entrou con ela na Casa da Muller ese día.

1 de marzo de 2016 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.