Xornadas sobre nacións sen estado na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), que ten a Lidia Senra como representante, organizan unhas xornadas na Coruña, que terán lugar os próximos 19 e 20 de febreiro, en que se abordarán as nacións sen estado e a Europa decolonial.

Entre os relatores, atopan o voceiro nacional de Anova e parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, o catedrático de Socioloxía e profesor de Dereito na Universidade de Wisconsin (Estados Unidos) Boaventura de Sousa Santos; e membros das CUP como Anna Gabriele; así como a propia Lidia Senra.

Na presentación do evento, en que tamén participarán integrantes do Sindicato Andaluz de Traballadores e do Sindicato Labrego Galego participou, participou, asimimso, o exembaixador e membro de Europa Decolonial, René Fernández, quen explicou que se trata de “reflexionar sobre todo o que une” aos pobos sen estado e poder “nutrirse” os uns dos outros sobre as experiencias.

Ao longo das xornadas, está prevista tamén a participación de integrantes do Islamic Human Rights Commision-Decoloniality Europe e docentes das Universidades de Coimbra, Complutense de Madrid, País Vasco e A Coruña. Así mesmo, tamén tomará a palabra o profesor do Departamento de Estudios Étnicos da Universidade de California en Berkeley e membro fundador de Europa Decolonial, Ramón Grosfoguel.

OBXECTIVOS DO ENCONTRO

O encontro ten como obxectivo establecer pontes políticas entre a Europa dos Pobos sen estado e a Europa dos pobos “racializados derivados da historia colonial”. Segundo explica o programa, o que actualmente les “une” é que estas poboacións son “hoxe en día cidadanía de segunda clase dentro de Europa, discriminada por razóns étnicas”, como a lingua.

Precisamente, na súa intervención, Xosé Manuel Beiras advertiu de que o pobo galego segue vivindo “unha problemática de carácter colonial” en canto ao idioma propio, mesmo con “compoñentes de racismo”.

A xornada ‘A historia da Europa Decolonial e da Europa dos pobos’, título co que se desenvolverá, tratará tamén a “dominación dunha nación sobre outra”, que “non só segue “vixente” nas relacións de Europa co resto do mundo, senón “no interior do propio territorio europeo”.

“Isto fai que o proxecto de descolonizar Europa sexa un asunto aínda inconcluso; a loita pola soberanía, o dereito á autodeterminación e a liberación descolonial seguen vivos na Europa de hoxe”, apunta o programa.

5 de febreiro de 2016 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.