Vitaldent e Santiago Futsal colaboran no sorteo de camisetas asinadas e entradas para o Celta vs Depor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

As clínicas dentais Vitaldent, en colaboración co Santiago Futsal, organizan o exclusivo sorteo de catro entradas dobres para o Palco VIP no derbi galego de Primeira División ‘Celta vs Depor’ que se disputará no Estadio de Balaídos o domingo 3 de Abril. Ademais, sortearanse dúas camisetas oficiais de ambos os equipos asinadas por todos os xogadores dos persoais celestes e branquiazuis.

O sorteo realizarase no descanso do outro derbi ‘irmandiño’ de Primeira División, o partidazo da 25ª Xornada da Liga Nacional de Fútbol Sala que terá lugar o 25 de Marzo entre Santiago Futsal e Burela Pescados Rubén.

As rifas poderán adquirirse en calquera clínica Vitaldent de toda a comunidade galega, así como nas oficinas do Santiago Futsal, por un prezo de 1€ a rifa. O importe recadado con esta acción será destinado integramente ao Santiago Futsal.

3 de febreiro de 2016 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.