publicidade hoxe

Vilagarcía tramita xa a segunda remesa de xogos infantís adaptados para os parques infantís

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A empresa HPC comezou hoxe a instalar os primeiros xogos adaptados para nenos con discapacidade en catro parques infantís do municipio e o Concello está preparando xa a documentación para adquirir a segunda remesa deste tipo de elementos co obxecto de que os cativos con estas problemáticas teñan máis opcións de divertimento e integración.

Os traballos de colocación dos 9 xogos (7 novos adaptados e 2 modificados) comezaron esta mañá no Parque Miguel Hernández, e a empresa subministradora, que tamén se encarga da instalación, tiña previsto continuar durante toda a xornada para rematar mañá. O único que quedará pendente ata que pare de chover é a colocación das láminas de caucho sintético que foi preciso levantar para fixar os xogos, xa que este material precisa que o chan estea seco para a súa perfecta adherencia.

Os parques nos que se colocaron estes 9 primeiros xogos son os da Xunqueira e Miguel Hernández en Vilagarcía, o de Dona Concha en Vilaxoán e na Alameda de Carril. A segunda remesa destinarase a esas mesas zonas infantís para que os nenos con discapacidade poidan dispor de máis dunha posibilidade de divertimento cando acudan a algún destes parques, ao igual que o resto dos cativos que contan con diferentes columpios e estruturas nas que xogar nunha mesma área infantil. Posteriormente continuará a dotación de xogos adaptados en outras zonas do municipio.

10 de febreiro de 2016 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.