publicidade hoxe

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión atenderá aos doantes de sangue en Bertamiráns e no Milladoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

Esta semana o venres 19 e o sábado 20 aparca na Avenida da Maía, en fronte da Praza da Maía, unha unidade móbil do Centro de Tranfusión de Galicia. A unidade estará aberta aos veciños e veciñas que queiran doar entre as 15:30 e as 21:00 o venres e as 10:00 e as 15:00 o sábado. Os amesáns e as amesás que desexen realizar unha doazón, pero non se poidan achegar até Bertamiráns, poderano facer no Milladoiro, o xoves 25 de febreiro, noutra unidade móbil que se fará parada na Rúa da Cruxa, a carón do supermercado El Árbol de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas. Rógase acudir co DNI, a tarxeta de doador ou un documento similar. Se o doante está tomando algún ou tomou algún medicamento recentemente deben anotar o nome nun papel e levar o prospecto.

Algúns dos principais requisitos para doar son ter máis de 18 anos e 65 anos ou menos e pesar máis de 50 quilos. As persoas que acudan a doar non deben facelo sen almorzar. Se se fai despois do xantar débese agardar como mínimo dúas horas despois de comer. Os homes poden doar un máximo de catro veces ao ano e as mulleres un máximo de 3, deixando pasar entre cada doazón dous meses polo menos.

As unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia foron creadas para facilitar á poboación a participación neste acto solidario, sen que se teñan que trasladar aos centros fixos para a realización de doazón en Galicia, e co o obxectivo e a necesidade de acadar 500 doazóns diarias. 

18 de febreiro de 2016 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.