publicidade hoxe

Un total de 10 equipos están confirmados na Liga Municipal de Fútbol Sala do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Grove
A-
A+

A día de hoxe xa son 10 os equipos conformados para tomar parte na Liga Municipal de Fútbol Sala. Ata o vindeiro venres estará aberto o prazo para que os que o desexen poidan pasar polo concello a inscribirse xa que poden participar ata doce agrupacións. O vindeiro venres ás 20.00 horas terá lugar a reunión con tódolos participantes para poder informarlles das normas da competición así como o trámite de inscrición de xogadores ou a elaboración das actas.

A competición comezará o martes, 16 de febreiro, con tres partidos ás 21.00, 22.00 e 23.00 horas. Logo da celebración dos partidos que configuran a liga comezará a competición de copa co que os equipos estarán en xogo ata o mes de xuño. Lembramos que a inscrición nesta liga é gratuíta este ano. 

9 de febreiro de 2016 | 11:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.