Un operario resulta ferido tras sufrir unha caída de altura en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon este luns un obreiro que caeu dende unha altura duns seis metros, segundo comunicaron os efectivos ao 112. O accidente laboral produciuse sobre as 16,15 horas nunha obra que se está a executar na rúa Luis Vázquez Parga, na capital da comunidade galega. O persoal do centro de atención ás emerxencias 112 Galicia pediu a colaboración dos axentes da Polícía Local e tamén os da Policía Nacional.

15 de febreiro de 2016 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.