Un milleiro de persoas contemplaron o Nadal tras o cristal dos máis de 300 adornos que reuniu o MIHL

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

Un milleiro de persoas contemplaron o Nadal tras o cristal dos máis de 300 adornos creados artesanalmente que reuniu durante un mes e medio a exposición Nadal de Cristal, organizada polo Concello de Lugo no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) no marco da programación do Nadal.

Nadal de Cristal é unha parte da Colección Vico, que nace dunha viaxe a Polonia de Carlos e Fátima en 2009, onde descubriron unha pequena tenda chea de adornos para a árbore de Nadal soplados en cristal. Nese momento, comezaron a recoller adornos en diferentes tendas e mercadiños de Europa, adornos que compoñen esta exposición.

A mostra agrupou diferentes temáticas, as orixes do Nadal, as orixes da árbore de Nadal, a guerra e as árbores de Nadal prohibidas, os agasallos, as diferentes costumes de Nadal en diferentes países europeos, os xoguetes, anxos e reis, Santa Claus, a infancia dos nenos nos países europeos, os bonecos de neve, a comida de Nadal antes e agora, seres mitolóxicos, contos infantís e o proceso de fabricación de adornos de Nadal.  

2 de febreiro de 2016 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.