Serunion continuará coa xestión dos comedores escolares de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

Serunion seguirá xestionando os comedores escolares de Santiago ata final de curso, tal e como decidiu a Mesa de Contratación do Concello este luns por vía de urxencia negociada e sen publicidade no terceiro proceso aberto nos últimos meses polo Goberno municipal para este fin.

Esta empresa foi a seleccionada o curso pasado para ofrecer o servizo de comedores e atopábase na actualidade prestando esta atención mediante unha prórroga mentres non se realizase unha adxudicación definitiva para este curso 2015-2016, que recaeu de novo en Serunion.

Con todo, segundo informou o concelleiro de Educación, Manuel Dios, no prego se inclúen melloras na prestación do servizo e nas condicións laborais, xa que os 54 monitores cobrarán pola media hora máis que estaban a traballar.

Ao respecto, Manuel Dios, remarcou que así “lógrase estabilizar administrativamente o servizo de comedores que se viña prestando con absoluta normalidade dende pricipios de curso”.

Xunto a iso, o departamento de Educación subliña que se buscará redactar un novo prego para próximos cursos escolares en “estreita” interlocución coas asocaciones de nais e pais.

PROCESO

Esta decisión tómase despois de que o pasado martes, 26 de xaneiro, o Concello de Santiago aprobase, nunha Xunta de Goberno extraordinaria, o inicio dun procedemento negociado sen publicidade pola vía de urxencia para adxudicar o servizo de comedores escolares para o que resta de curso escolar tras dous procesos anteriores que resultaron infrutuosos.

No primeiro punto desa reunión declarouse deserto o procedemento negociado anterior, para poder iniciar o novo trámite. O procedemento negociado quedou deserto en xaneiro despois da renuncia de todas as empresas presentadas, toda vez que unha non entregou documentación dentro de prazo.

Anteriormente, o Concello intentara a adxudicación deste servizo pola vía do concurso, aínda que tamén se botaron atrás todas as empresas, incluída a propia Serunion, e quedou deserto en novembro.

1 de febreiro de 2016 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.