Semana de adestramentos da AEEB co Rio Natura Monbus Obradoiro
O Rio Natura Monbus Obradoiro recibiu nos seus adestramentos diarios unha visita moi especial ás bancadas do Fontes do Sar. Unha ducia de adestradores pertencentes á Asociación Española de Adestradores de Baloncesto (AEBB) acudiron como espectadores ao traballo diario do equipo.
A actividade, que vén realizando desde fai dez anos, permite aos técnicos ver como traballan nas súas sesións os corpos técnicos da liga Endesa, nesta ocasión, o santiagués, con Moncho Fernández á cabeza.
Ao acabar os adestramentos, os asistentes tiveron a oportunidade cada día de aclarar as súas dúbidas sobre a sesión co propio Fernández, así como cos adestradores axudantes Gonzalo Rodríguez, Víctor Pérez e Dan Petts.











