Rubén Pérez cre temerario non reeditar a coalición En Marea e cre que ese debate está solucionado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Europa Press

O voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, sinalou este mércores que sería “moi temerario” non reeditar a coalición En Marea (Podemos, Anova e EU) tras os resultados obtidos en Galicia nas xerais e, en concreto, na cidade olívica, onde a formación foi “a primeira forza”.

A preguntas dos medios sobre a crise de Podemos na Comunidade galega, Rubén Pérez sinalou que non fará pronunciamentos sobre debates internos de organizacións, pero indicou que está “bastante asumido” por Podemos, EU e Anova que serían “moi temerarios” se non repetisen a experiencia de En Marea e, mesmo, apostou por que a coalición poida ser “algo superador, en sentido agregativo”.

En todo caso, indicou que ese debate está “solucionado” e recordou que as bases de Podemos xa “participaron nun proceso de decisión” sobre a inclusión na coalición En Marea.

10 de febreiro de 2016 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.