publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rey Varela supera xa os 25 encontros con alcaldes galegos cos que deseña as liñas da estratexia social dos vindeiros anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaValga
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Valga

Rey Varela na reunión co alcalde de Valga

A Consellería de Política Social afonda na liña de reunións cos alcaldes galegos co fin de mellorar a atención social e de servizos que reciben os cidadáns nos seus respectivos concellos a través da optimización dos recursos locais e autonómicos de ambas institucións. Desde o inicio desta nova etapa dirixida por José Manuel Rey Varela, o conselleiro xa se entrevistou con máis de 25 rexedores galegos.

A Xunta de Galicia e os responsables das entidades locais adquiren, deste xeito, o compromiso de acadar unha política social axeitada que se adapte as necesidades de cada municipio. No día de hoxe, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse co alcalde do municipio pontevedrés de Valga, José María Bello Maneiro.

Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, conselleiro e alcalde acordaron continuar coa cooperación emprendida entre as dúas institucións. Así, ambos mandatarios subliñaron a colaboración respecto a Escola Infantil Municipal que posibilitou a súa ampliación ata chegar ás 82 prazas (cunha inversión de 360.000 euros), ademais dos 42.000 euros que en 2015 a Xunta de Galicia entregou para o seu mantemento. Grazas a accións deste tipo, a ratio de prazas públicas en escolas infantís alcanza o 58,16% moi por riba da media recomendada pola Unión Europea. Cómpre destacar que en 2015 incrementouse o Servizo de Axuda no Fogar en 150 horas ata acadar as 1.427 horas en total.

2 de febreiro de 2016 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.