publicidade hoxe

Rey Varela continúa os encontros cos alcaldes para xuntar esforzos entre administracións e optimizar recursos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriol
A-
A+
Rey Varela na reunión co alcalde de Friol. Foto: A. Varela

Rey Varela na reunión co alcalde de Friol. Foto: A. Varela

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse hoxe en San Caetano co alcalde de Friol, José Ángel Santos, no marco da rolda de entrevistas que o titular da carteira autonómica está a realizar cos rexedores galegos. O obxectivo destes encontros é coñecer as necesidades no eido social de cada localidade e así poder optimizar os servizos prestados a través da unión de recursos locais e autonómicos.

Así as cousas, a rexedor e o titular de Política Social fixeron un repaso dos principais programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver no municipio; nomeadamente o incremento de 200 horas no Servizo de Axuda no Fogar, grazas ao cal o total de horas de servizo ascende a 1.504. A Xunta de Galicia inviste máis de 143.000 euros neste servizo do que na actualidade se benefician 28 veciños e veciñas de Friol.

José Manuel Rey Varela e José Ángel Santos, tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade neste municipio emprazado na comarca de Lugo.

3 de febreiro de 2016 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.