Reunión cos veciños de Pontevedra para informar e recoller achegas a varios proxectos
A Casa das Campás será esta tarde a sede da reunión do Goberno con asociacións da zona urbana de Pontevedra. Este encontro ao que asistirán os concelleiros Carme da Silva, Carmen Fouces, Alberto Oubiña e Luís Bará enmárcase na liña de traballo de participación e consulta que move a acción do Goberno local, para recibir achegas e suxestións en asuntos que afectan directamente aos veciños: mellora dos espazos urbanos, a mobilidade, a integración social e a dinamización da cidade.
O obxectivo é pór en común diversos asuntos para coñecer a opinión da veciñanza e achegar suxestións nos seguintes temas:
1. Actuacións nos espazos públicos urbanos:
• Conservación e mantemento
• Novas actuacións
• Intervencións artísticas nos espazos públicos e en muros, medianeiras, espazos abandonados
2. Mobilidade e accesibilidade
• Accesibilidade: espazos públicos, edificios, comunicación…
• Propostas de ampliación de zonas de preferencia peonil
• Mobilidade ciclista
3. Programas de Benestar Social
• Voluntariado
• Hortas urbanas
4. Equipamentos: parques, zonas de xogo, aproveitamento de edificios
5. Medio Ambiente: Plan de Compostaxe 6. Outros











