Restablécese a circulación ferroviaria entre Vigo e Ourense
A circulación ferroviaria entre Vigo e Ourense, que se viu afectada dende a tarde do venres a causa dun desprendemento de pedra e terra entre Arbo e Frieria, restableceuse ás 00,00 horas deste luns. Así, as xornadas de sábado e domingo estableceuse un plan alternativo para os viaxeiros afectados, que nalgúns casos foron transportados por estrada e noutros desviados a través de Santiago.
Ademais, producíronse atrasos medios duns 30 minutos nos trens de media distancia, que en certa medida se seguen producindo, ata que se produza a normalización total da circulación, segundo informan fontes de Renfe.











