Posta a punto para a cita do Santiago Futsal de Copa Xunta
O plantel celeste retomou esta mañá as sesións de traballo no Multiusos Fontes do Sar. Despois dun período de descanso que comezou tras a vitoria ante El Pozo Murcia, os de Santiago sitúanse na 7ª praza da clasificación. Aínda que faltan 18 días para que se retome a competición ligueira debido ao parón pola celebración do Campionato Europeo de Belgrado, a escuadra dirixida por Santi Valladares aproveitará estas datas para disputar o seu compromiso de Copa Xunta.
O vindeiro mércores día 10 desprazarase a Xove para enfrontarse ao equipo da 2ª División B A Fuga-Xove, no encontro correspondente á eliminatoria de cuartos de final de Copa Xunta. O encontro que decidirá o semifinalista do Trofeo Autonómico entre santiagueses e mariñáns terá lugar no Municipal de Xove en horario aínda por confirmar, aínda que probablemente se dispute ás 21h.
Por outra banda, o espectáculo de LNFS volverá ao Multiusos Fontes do Sar o sábado 20 de Febreiro ás 19h co encontro entre Santiago Futsal e FC Barcelona Lassa. O partidazo correspondente á 21ª xornada de Liga será televisado en directo polas canles autonómicas TVG2 e Esport3.
Plan de traballo semanal
Luns 1 de Febreiro
9.30h- Multiusos- Forza Submáxima + Potencia Aeróbica
17h- Multiusos- Test + Táctico
Martes 2 de Febreiro
9.30h- Multiusos- Test
17h- Táctico
Mércores 3 de Febreiro
9.30h- Multiusos- F.Submáxima + Pot.Aer.+ Porteiros
17h- Multiusos- Táctico
Xoves 4 de Febreiro
17h- Multiusos- Táctico
Venres 5 de Febreiro
9.30h- Multiusos- F.Submáx. + Resist.Mixta + Porteiros
17h- Táctico
Sábado 6 de Febreiro
Descanso
Domingo 7 de Febreiro
Descanso











