Pedro Puy destaca a renovación dos cargos do PPdeG e considera inxusto minimizala porque continúe Baltar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Europa Press

O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, destacou este luns que o seu partido está a poñer en marcha “unha fonda renovación” tanto nos seus cargos orgánicos como institucionais, e, tamén nas súas “ideas programas e políticas”, de modo que xulgou “inxusto” que se minimicen estes cambios polo feito de que o actual presidente provincial en Ourense, Manuel Baltar, pretenda seguir no seu posto.

Preguntado sobre se a vocación do ourensano de seguir á fronte do partido na súa provincia pon en cuestión o compromiso coa renovación no PPdeG, Puy Fraga recordou que houbo cambios nos conselleiros da Xunta, que os presidentes populares na Coruña e Pontevedra xa anunciaron a súa retirada e que o Goberno galego “fixo moito máis nos últimos meses no ámbito social que aqueles que vendían que ían resolver todos os problemas”.

Dito isto, acerca da investigación xudicial aberta sobre Manuel Baltar por un suposto delito de suborno e tráfico de influencias, o deputado popular mantívose na súa postura de mostrarse “tremendamente respectuoso” coa presunción de inocencia e coas actuacións da Xustiza.

1 de febreiro de 2016 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.