publicidade hoxe

Os restaurantes da Guarda ofrecen “Lacón con Grelos” para desfrutar do Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A gastronomía é parte fundamental do entroido galego, por iso, os restaurantes da Guarda queren unirse á programación da vila ofertando o prato típico destas datas, o lacón con grelos, a prezos populares.

Dende o próximo sábado día 6 de febreiro e ata o martes día 9, ambos inclusive, os restaurantes Arruaz, Brisamar, La Pizzicata, Marusía, O Cangrexal, Porto Guardés, The Celtic Harp, Xantar e Xeito, propoñen un menú de entroido composto por un primeiro prato de caldo, un segundo de lacón con grelos e unha sobremesa na que se escollerá entre filloas ou orellas.

O prezo por persoa é de 15 euros, e está incluído viño e café.

Os veciños e veciñas guardeses, e tamén os visitantes, poderán desfrutar deste menú nos nove restaurantes adheridos, tanto en horario de comida coma de cea.

Desta maneira a hostalería quere sumarse a programación ofertada na vila na que combínase gastronomía, música, tradición, innovación e por suposto, moita diversión.

O Concello da Guarda anima a todos os seus veciños e veciñas, e tamén aos visitantes que se acheguen durante estas datas, a vivir o entroido guardés e a participar nas actividades programadas.

2 de febreiro de 2016 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.