Os primeiros xogos infantís adaptados de Vilagarcía colocaranse na Xunqueira, Miguel Hernández, Carril e Vilaxoán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os parques da Xunqueira, Miguel Hernández, Dona Concha en Vilaxoán e na Alameda de Carril, serán os primeiros cuxas áreas recreativas infantís conten con xogos adaptados para nenos e nenas discapacitados. Elementos xiratorios, columpios con asentos adaptados, paneis de xogos especiais e asentos berce, serán os equipamentos que o Concello comezará a instalar o mércores.

O Concello investiu 8.500 euros na adquisición dos xogos adaptados que subministrará a empresa HPC. Aínda que inicialmente estaba prevista a adquisición de 6 elementos, grazas ás melloras ofertadas, ao final serán 9 os xogos a colocar, 7 novos e dous existentes que adaptará a propia empresa especializada.

A empresa subministradora será tamén a encargada de instalar os xogos seguindo a normativas de seguridade específica. No parque Miguel hernández colocarase un panel de xogos adaptado para nenos con discapacidade, no que tamén poderán xogar cativos sen problemas, de xeito que se favoreza a integración e a relación entre os nenos. Tamén nesta zona porase un xogo de muelle novo e se arranxará un balancín existente.

Na Xunqueira colocarase un asento adaptado nos columpios e recupérase un ban bán de muelle. A zona infantil de Carril dotarase de un panel de xogos adaptado e un asento berce, mentres que a de Vilaxoán disporá dun elemento xiratorio con asnetos adaptados e un asento tipo berce nos columpio.

8 de febreiro de 2016 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.