publicidade hoxe

Os máis cativos protagonizan o Entroido guardés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Os nenos e nenas son protagonistas no Entroido guardés. Son moitas e moi variadas as actividades programadas polo Concello da Guarda para que os rapaces e rapazas desfruten destas datas.

Este venres, día 5 de febreiro, serán os propios nenos e nenas dos diferentes centros escolares da vila os que darán o inicio o entroido da Guarda. O desfile comezará ás 12 horas na Alameda, dende este punto pasearán pola Rúa Galicia ata chegar ao “O Galo”. Os rapaces e rapazas vestirán a vila cos seus coloridos disfraces. 

O sábado pola mañá haberá unha nova sesión de “Contos Contados” na Biblioteca Municipal. Para completar esta actividade haberá tamén un obradoiro de máscaras de entroido, a partir das 11 horas.

Pola tarde, no Centro Cultural, se proxectará a película “Río2”. Todo neno e nena que se disfrace terá un pequeno agasallo. 

O luns, día 8 de febreiro, é o propio “Día dos Nenos”. A Alameda se converterá nunha gran festa infantil na que, ademais de haber un dj que amenizará a tarde, haberá un obradoiro de pintacaras e outro de globoflexia.

O horario é de 18 a 21 horas. 

As actividades continuarán durante o resto das xornadas.

4 de febreiro de 2016 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.