publicidade hoxe

Os Bombeiros extinguen un incendio nunha piscifactoría de Carnota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnota
A-
A+
Europa Press

Os Bombeiros de Cee extinguiron á primeira hora da mañá deste martes un incendio que afectou á zona de caldeiras dunha piscifactoría situada na localidade coruñesa de Carnota. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, un particular deu a voz de alarma sobre as 7.30 horas tras detectar que se estaba producindo un incendio nunha piscifactoría situada no lugar de Quilmas.

Até a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil, a Policía Local, GES de Muros e persoal de Medio Ambiente da Xunta, así como os Bombeiros de Cee que, aínda que xa extinguiron o lume, continúan na zona con tarefas de ventilación.

A rotura dunha tubaxe de auga dunha caldeira foi a causa do incendio, que calcinou cableado e outros aveños que se atopaban na parte superior da caldeira, aínda que esta non chegou a arder e non houbo que lamentar danos persoais.

23 de febreiro de 2016 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.