O venres dispútase a I Liga de Fútbol Sala Concello de Carnota
O vindeiro venres 12 de febrero dispútase a gran final da I Liga de Fútbol Sala Concello de Carnota. Os equipos que se enfrontan para facerse co título de campión son AB!C Inmobiliaria e Bar o Prouso, ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Carnota. Previamente, ás 20:30, disputarase o encontro entre O Cuberto e O Pirata – Casa da Cregha, polo terceiro e cuarto posto. A continuación, farase a entrega dos trofeos para os tres primeiros clasificados e o vale con dereito a unha cea para o equipo gañador.