O rexedor de Ferrol considera positiva a disolución da directiva de Podemos-Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, opinou este mércores que a decisión da dirección de Podemos de disolver todos os órganos directivos da formación en Galicia é “máis que positiva” e que “vai favorecer a confluencia” de cara ás próximas eleccións autonómicas.

E é que, como sinalou, as declaracións do xa exlíder da formación violeta en Galicia, Breogán Riobóo, nas últimas semanas “apuntaban a remar en dirección contraria do que está a demandar a sociedade, coa unión de toda a esquerda”. “Este movemento, onde están todos os representante de En Marea no Congreso, o que busca é que rememos todos na mesma dirección, facía a unidade popular”, remachou.

Así é que, tanto para os próximos comicios galegos ou ante a posibilidade de que se repitan os estatais, xulgou que hai “marxe de tempo abondo” para que Podemos “reconstrúa a súa organización e súmese a este proceso no que todas as persoas van participar a título individual e que xa está en marcha”.

De tódolos xeitos, Suárez matizou que a súa opinión ao respecto a dá “visto dende fóra” o acontecido dentro “doutro partido” diferente ao seu.

MULTA

Noutra orde de cousas, o alcalde de Ferrol tamén se referiu á sanción económica de 601 euros que a subdelegación del Gobierno da Coruña impuxo a un veciño desta cidade, tras ser desaloxado do salón de plenos por axentes da Policía Local ao intentar intervir neste sen ter a palabra

“Nós realizamos os plenos a porta aberta e as accións desta persoa, xa coñecidas por todos, son reiteradas”, sinalou, ao tempo que indicou que, “dentro do marco da legalidade”, o seu goberno non vai retirar a multa “porque si”.

“Respectamos a actuación da Policía Local, pero trataremos de paliar a situación dentro dos marcos legais e xa nos comunicaremos coa subdelegación do Goberno no seu momento”, resolveu Suárez.

10 de febreiro de 2016 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.