publicidade hoxe

O PSdeG reta a Feijóo a mostrar a “súa igualdade” coa “expulsión” do exconcelleiro que insultou a Silva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoraña
A-
A+
Europa Press

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, retou este xoves ao presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a que “demostre o seu compromiso coa igualdade e a súa loita contra a violencia de xénero” coa “expulsión” do partido de Jorge Caldas, o xa exconcelleiro de Moraña que acusou a presidenta da Deputación de Pontevedra, a socialista Carmela Silva, de “mala raposa”.

En rolda de prensa, incidiu en que a súa dimisión “non é suficiente”, pois se trata dunha persoa que, dende un cargo público, exerceu “violencia verbal” contra unha muller, que é outra manifestación de “violencia de xénero”. Así é, remachou, que “se fose o caso do Partido Socialista, agora mesmo este señor xa estaría expulsado”.

“Cando se ostenta un cargo público non só hai que cumprir o marco lexislativo, senón que ademais hai que actuar de forma ejemplarizante”, sostivo a tamén deputada no Congreso, ao tempo que recordou aos populares que “non só hai que sumarse ás concentracións” en contra da violencia machista, senón que “hai que ser consecuentes e coherentes”.

4 de febreiro de 2016 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.