O PSdeG condena o novo asasinato machista acontecido en Becerreá
O PSdeG trasladou o seu “rexeitamento” e a súa condena polo “novo asasinato machista” polo que unha muller de 40 anos faleceu en Becerreá por disparos perpetrados, supostamente, pola súa parella, un home de 29 anos de idade co que vivía nunha casa alugada no pobo de Herbón.
A secretaria de Igualdade do PSdeG, Eva Martínez, trasladou a súa “total solidariedade” con esa “familia rota” e aos menores que “foron testemuñas dese asasinato” e reivindicou a necesidade de “pór encima da mesa” ese “pacto de Estado” contra a violencia machista para “unir forzas” entre partidos políticos e axentes sociais para lograr “pór freo a esta secuela”.
“Xa está ben de tanto postureo, de maquillaxe, de facer informes e aprobar mesmo algunha moción pero logo non destinar recursos e non desenvolver medidas concretas”, advertiu Martínez.
Así advertiu de que “as cifras están aí” e “o tema é bastante serio” ante a escalada de mortes nos últimos anos, con tres vítimas en 2013, seis en 2014 e sete en 2015.