O Plan marco de mellora de camiños municipais deixará máis de 3,8 millóns de euros na provincia de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presentou esta mañá na Delegación Territorial o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016 para a provincia de Pontevedra, cuxo investimento ascende a algo máis de 3,8 millóns de euros.

O director xeral explicou que con estas achegas, os concellos disporán dun orzamento necesario para o arranxo de infraestruturas viarias, facilitando a mobilidade da poboación rural. Antonio Crespo salientou que o obxectivo xenérico a alcanzar con esta medida é ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria.

Antonio Crespo explicou que este plan disporá de 20 millóns de euros para toda Galicia, dos cales o 75% corresponde a fondos FEADER do novo período de programación 2014-2020, o 17,5% a fondos propios da Xunta e o 7,5% restante do Ministerio.

3 de febreiro de 2016 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.