O Plan Marco de camiños achegará 6,2 millóns de euros á provincia da Coruña para cubrir o arranxo de infraestruturas viarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presentou esta mañá na Delegación Territorial da Xunta na Coruña o orzamento que o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias deixará na provincia, o cal ascende a máis de 6,2 millóns de euros. A titular de Medio Rural estivo acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, e polo delegado territorial, Diego Calvo.

A conselleira explicou que este Plan inxectará á Administración local unha axuda -cofinanciada nun 75% con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020- para a ampliación, mellora ou mantemento dos camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria.

Ángeles Vázquez sinalou que a finalidade destas achegas é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais. Para acadar este obxectivo é preciso, engadiu, mellorar as dotacións existentes de infraestruturas básicas e levar a cabo actuacións dirixidas a fomentar a implantación e a mellora dos servizos básicos demandados pola poboación rural.

Reparto por municipios
A continuación indícase a cantidade prevista para cada un dos concellos da provincia. Os criterios deste reparto foron consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

1 de febreiro de 2016 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.