O músico galego Nico Casal sobre a curta premiada nos Oscar: “Este traballo era un máis”
O músico galego Nico Casal, membro do equipo da curta ‘Stutterer’ premiada cun Oscar, sinalou que leva 10 anos facendo música para curtametraxes e películas e que cando lle encargaron este traballo “era un máis”.
Segundo contou, o proxecto chegou a el a través do “espectacular” guión da curtametraxe e foi así como puido “meterse na historia”.
Tras este recoñecemento, o compositor español, nacido en Santiago de Compostela e que leva catro anos vivindo en Londres, espera que “as cousas melloren e poida conseguir máis traballos”. En declaracións a TVG, sinalou que tamén confía en que a experiencia vivida con esta curta lle permita “traballar con máis xente interesante”.
En canto á gala de entrega dos Oscar deste domingo, Casal sinalou que “foi un sono” e recoñeceu que “as dúas últimas semanas” viviu “nunha realidade paralela” que agora terá que ir asimilando pouco a pouco”. “O último que esperabamos era chegar ata aquí, por iso estou moi contento”, concluíu.











