O goberno municipal de Ourense acada 625.400 euros para a mellora de equipamentos e dotacións para o Corpo de Bombeiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense adquirirá un novo vehículo para a extinción de incendios forestais, aproveitando así os fondos que percibe este ano de Unespa, a Unión Española de Entidades Aseguradoras y Reaseguradoras, asociación empresarial que agrupa ás entidades aseguradoras de España

Os fondos que percibirá de Unespa durante 2016 corresponden ás primas dos seguros anti-incendios dos seguros de 2015, supoñendo un total de 324.000 euros. Estes fondos, que o Concello ten que invertir en material e equipamento para bombeiros, responde a un convenio suscrito entre o Concello de Ourense e a Unión Española de Entidades Aseguradoras y Reaseguradoras.

No pasado exercicio, os fondos aportados por Unespa foron 271.260 euros, que supuxeron o 90% da inversión realizada na compra dun furgón con remolque e na reposición de material especializado do Corpo de Bombeiros.

O goberno municipal acada así 625.400 euros para a mellora de equipamentos e dotacións para o Corpo de Bombeiros, executando en 2015 o proxecto que existía e deseñando e tramitando o proxecto para este exercicio 

A concelleira de Seguridade Cidadá, Flora Moure, recalca que dende o goberno muncipal se fixeron os trámites necesarios para ter listo un proxecto que especifique a inversión prevista para este ano. De feito, no pasado exercicio (2015), os fondos de Unespa estaban reflexados nos Orzamentos e aínda que existía proxecto para a súa inversión, non estaba executado, algo que fixo o actual goberno municipal e co que finalmente se mercara o citado furgón con remolque e a reposición de material. 

Flora Moure recalca que mediante esta colaboración con Unespa ábrese unha vía económica de suma importancia para a mellora das condicións de traballo do Corpo de Bombeiros e, por extensión, do servizo prestado aos cidadáns de Ourense, toda vez que coas melloras nos materiais e equipamentos, se garante unha maior seguridade tanto para os veciños como para os propios membros do Corpo de Bombeiros.

9 de febreiro de 2016 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.