O goberno de Lalín convoca unha nova reunión veciñal para falar da peonalización

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O Goberno de Lalín convocou para mañá, martes, día 2 de febreiro, unha nova reunión cos veciños e veciñas, así como cos todos os comerciantes e hostaleiros das rúas nas que se está a desenvolver o proxecto de peonalización do centro da vila. Así, están chamados a participar no encontro os cidadáns das rúas Principal, Joaquín Loriga, Colón, Praza da Igrexa e Wenceslao Calvo Garra.

A xuntanza celebrarase ás 21.00 horas na sala de prensa do Concello. Nela trataranse de analizar, unha vez máis, de forma conxunta, os diferentes aspectos que engloba o proceso de peonalización do centro urbano. Así mesmo, o encontro servirá para extraer valoracións de modo colectivo da primeira fase do proceso e para informar sobre os novos pasos que se pretenden dar no marco da consecución do novo modelo urbano que persegue o Goberno municipal.

O encontro veciñal posibilitará que a cidadanía e os sectores comercial e hostaleiro expresen as súas suxestións e opinións sobre a peonalización.

1 de febreiro de 2016 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.