publicidade hoxe

O DOG publica o cambio de titularidade das beirarrúas da estrada A Coruña-Cee

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaCee
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto polo que se aprobou a transferencia ao Concello da Laracha das beirarrúas da estrada A Coruña-Cee (AC-552), nas travesías de Paiosaco e A Laracha. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes mediante a sinatura da correspondente acta.

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), de acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou proposta favorable á transferencia de titularidade da totalidade das beirarrúas da estrada AC-552 ao seu paso polos solos urbanos de:

• Paiosaco: inicio no p.q. 17+920 por ambas as dúas marxes e final no p.q. 18+620 da marxe dereita e no 18+610 da marxe esquerda.
• A Laracha: inicio no p.q. 20+410 da marxe dereita e no p.q. 20+290 da marxe esquerda e final no 21+570 para ambas as dúas marxes.

Corresponderanlle ao Concello da Laracha, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das beirarrúas, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular delas.

O cambio de titularidade tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que establece que deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

19 de febreiro de 2016 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.