O director xeral de Emerxencias e Interior mantén unha xuntanza coa consulesa de Canadá

Reunión coa consulesa de Canadá. Foto: A. Varela
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor mantivo hoxe unha xuntanza ca consulesa de Canadá, Monique Pageau, e coa axente consular da Embaixada de Canadá, Carla Gonçalves, á que tamén asistiu o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Juan José Muñoz.
Segundo destacou o director xeral, a visita responde ao interese da embaixada en coñecer a organización, competencias e funcionamento do organismo con competencias en materia de protección civil e emerxencias de Galicia.
O incremento de visitantes canadenses na nosa Comunidade Autónoma, principalmente a través dos Camiños a Santiago de Compostela, esperta o seu interese en recadar información en previsión de eventuais situacións de emerxencia, tales como desastres naturais, accidentes, incendios, que fagan necesaria a intervención dos seus servizos consulares nesta zona xeográfica.
Outro dos motivos é establecer contacto cos servizos de asistencia, familiarizarse co seu funcionamento dende un punto de vista práctico e coñecer máis a fondo aqueles que estean a disposición dos peregrinos no Camiño de Santiago.
Visita ao CAE 112
Posteriormente, visitaron as instalacións da Central de Emerxencias- 112, onde coñeceron de primeira man o seu funcionamento, os protocolos establecidos e os servizos que se prestan aos cidadáns,e mostraron gran interese pola aplicación de móbiles “Alpify” para a localización de persoas desaparecidas.
Como punto final desta visita coñeceron as novas e modernas instalacións do 112 da Estrada que poranse en funcionamento en corto tempo, dotadas de tecnoloxía punta neste tipo de Centrais de Emerxencia, quedando gratamente agradecidos pola atención e información recibida que será de utilidade para ambas entidades e redundará nunha maior seguridade dos cidadás dese pais que nos visiten.











