O Concello preséntalle á Dirección General del Trabajo Autónomo os proxectos de emprego e emprendemento para Ourense
O concelleiro de Promoción Económica, Servizos Xerais e Cooperación Institucional, Jorge Pumar, mantivo esta mañá unha reunión en Madrid con Carmen Casero González, directora general del Trabajo Autónomo, de la Economía Social y de la Responsabilidad Social de las Empresas, dependente do Ministerio de Empleo y Seguridad Social.
Segundo explica o concelleiro, a motivación do encontro foi para presentar a este organismo ministerial proxectos de emprego e emprendemento para Ourense, ao igual que para recabar información de futuras convocatorias de programas europeos relacionados co fomento do traballo autónomo, a promoción do espíritu e cultura emprendedora e a economía social.
“Na xestión municipal é clave a anticipación e a planificación”, sinala Jorge Pumar. “Ourense non pode perder esta oportunidade de dispoñer de recursos que melloren a empregabilidade das persoas que se atopan en situación de desemprego”.











