publicidade hoxe

O Concello do Grove anima aos xóvenes a participar no I Concurso Internacional de Playback do Entroido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O Dj local Djow Trece será o encargado de presentar o I Concurso Internacional de Playback que se celebrará mañá, mércores a partires das 19.00 horas na Carpa do Entroido da Praza do Corgo. Téñense establecido tres categorías: grupos, parellas e individuais e xulgarase a teatralización, a coreografía e caracterización. Inicialmente as bases marcaban a idade de participación entre os 12 e os 18 anos, pero nos últimos días téñense recibido solicitudes de ampliar un pouco máis esta marxe polo que se permitirá a participación de mozos e mozas de ata 25.

Lembramos que a celebración deste concurso é posible gracias a colaboración de Emgrobes, quen aportará premios en forma de vales de compra no comercio local. Trátase dunha actividade que permitirá que os rapaces e rapazas do Grove pasen unha tardiña de festivo entretida e amosen o seu talento. 

9 de febreiro de 2016 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.