publicidade hoxe

O Concello de Vilagarcía informa das 34 ocupacións solicitadas para contratar desempregados a través do pos 2016 da Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Área de Promoción Económica e Emprego do Concello fixo pública hoxe a lista das ocupacións solicitadas á Deputación Provincial de Pontevedra para a contratación de persoas desempregadas a través do Plan de Obras e Servizos 2016. Trátase de 34 postos para aos que terán a oportunidade de optar as persoas que estean rexistradas nas listas do paro con algún dos perfís especificados. O Concello informa das ocupacións a efectos de que os interesados poidan adecuar os seus currículos no Servizo Público de Emprego (antigo INEM) que será o organismo encargado de preseleccionar aos aspirantes.

As 34 ocupacións requiridas polo Concello son:

• 2 EMPREGADOS ADMINISTRATIVOS EN XERAL(CICLO MEDIO FP XESTIÓN ADMINISTRATIVA),
• 1 MONITOR E/OU ANIMADOR DEPORTIVO (CICLO MEDIO DE FP/TAFAD),
• 1 CONDUCTOR/OPERADOR DE RETROESCAVADORA
• 10 AXUDANTES ALBANEIS
• 4 PEÓNS FORESTAIS,
• 3 PINTORES E/OU EMPAPELADORES,
• 4 INSTALADORES ELECTRICISTAS
• 1 CARPINTEIRO EN XERAL,
• 2 FONTANEIROS
• 1 SOLDADOR PARA ARCO ELÉCTRICO EN XERAL
• 5 TRABALLADORES DE CONSERVACIÓN DE PARQUES URBANOS, XARDÍNS HISTÓRICOS E BOTÁNICOS

Contratos de 10 meses para colectivos con especiais dificultades de reinserción

Os contratos realizados a través deste plan provincial de emprego terán unha duración de 10 meses. O programa terá como destinatarios preferentes a parados de larga duración sen prestacións, perceptores da Risga ou Prepara e vítimas de violencia de xénero, entre outros colectivos especialmente desfavorecidos. O plan finánciase cunha achega da Deputación de 325.000 euros aos que o Concello suma 85.000 euros máis.

9 de febreiro de 2016 | 13:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.