O Concello de Vigo formula a Ryanair que opere máis rutas dende a cidade
O Concello de Vigo formulou á aerolínea Ryanair que estude a posibilidade de operar máis rutas dende o aeroporto de Peinador, tras a boa acollida que tivo a conexión con Barcelona e as boas expectativas dos voos a Dublín e Bologna -que estarán operativos a partir de abril-.
Así o manifestou o alcalde, Abel Caballero, tras manter unha reunión co responsable de Ryanair para España e Portugal, José Espartero. O rexedor ofreceu a colaboración do Concello para incrementar a presenza da compañía na terminal viguesa. “Somos receptivos ás súas ideas. As rutas sairían a concurso claro, aquí se fai todo con transparencia”, engadiu.
Espartero confirmou que os voos de Ryanair de Vigo a Barcelona, que levan un mes operativos, teñen en torno ao 90 por cento de ocupación. Ademais, a competencia fixo que outras aerolíneas abaratasen o prezo dos billetes á cidade condal, segundo indicou o alcalde.
Por outra banda, Caballero subliñou que a expectativa sobre os voos a Dublín e Bologna é “excepcional” e, no caso da cidade italiana, que ten 16 conexións, Vigo está entre os tres primeiros destinos máis importantes.











