publicidade hoxe

O Concello de Ribadumia organiza cursos de informática para cativos e adultos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia porá en marcha a partir de marzo cursos de informática para nenos (a partir de 6 anos) e para adultos. Para os nenos dirixirase o curso “Informática para nenos”, que incluíra as actividades formativas “Sistema Operativo Windows” “Iniciación informática”, “Internet” e “Mecanografía”.

Para os maiores os cursos ofertados son “Iniciación á informática”, destinado ás persoas que comezan de cero co uso do PC (carpetas, arquivos, abrir, gardar, modificar e borrar arquivos, etc.), e para os interesados en aprender a navegar por Internet (busca de información, redes sociais, correo electrónico, etc.). Neste  curso, os asistentes tamén aprenderán a xestionar trámites útiles para o día a día dende o seu PC (solicitar unha vida laboral, pedir citas para o DNI, etc.).

Para os adultos con coñecementos máis avanzados, organizarase tamén o curso “Informática Avanzado”, onde ademais de tratar os coñecementos antes mencionados, poderán introducirse no deseño gráfico, no traballo con imaxes e na descarga de imaxes e de programas. 

 O prazo de inscrición comezará o vindeiro martes 9 de febreiro nas oficinas municipais e remata o venres 26 de febreiro. 

As clases impartiranse un día á semana e terán unha duración de 1,5 horas para os nenos, e de 2 horas para os maiores.  Dependendo do número de participantes caberá a posibilidade de formar varios grupos con diferentes horarios dependendo dos interesados.

Estes cursos de informática inclúense dentro do proxecto do Concello de Ribadumia de achegar as novas tecnoloxías a toda a poboación de Ribadumia, polo que dende o Concello espérase unha boa acollida por parte dos veciños. 

Cursos especializados en Ribadumia 

Por outro lado, o Concello de Ribadumia colaborará na organización dunha serie de cursos de informática destinados a usuarios con inquietudes máis específicas e avanzadas.  Os cursos, que tamén se desenvolverán na Casa de Cultura de Ribadumia,  son os seguintes: 

“INTERNET BÁSICO”;  “REDES SOCIAIS”  (comunidades virtuais, Twitter, Facebook, outras redes sociais e aplicacións); “OFIMÁTICA INICIO e OFIMÁTICA AVANZADO” (Word, Excel, Power Point, Acces); “DESEÑO MULTIMEDIA”  (audio,vídeo, imaxes, libros dixitais); “DESEÑO DE BLOGS DIXITAIS” (introdución, WordPress, publicacións); “COMERCIO ELECTRÓNICO, CREA A TÚA TENDA EN INTERNET” (introdución, Prestashop, produtos), e “CREACIÓN DE PÁXINAS WEB EN HTML, CSS E JAVASCRIPT”.

O desenvolvemento dos mesmos dependerá dos interesados, ao igual que o horario.

As inscricións comezan o martes 9 de febreiro nas oficinas municipais, e como neste caso o Concello actúa como entidade colaboradora, o prezo, os grupos, horarios, etc. dependerán do organizador do curso. 

8 de febreiro de 2016 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.