O Concello de Pontevedra convoca o II Maratón fotográfico “Imaxes de Inverno”
Por en valor os espazos da cidade e ofrecerlle aos amantes da fotografía unha oportunidade para desenvolver a súa afección. O Concello de Pontevedra convoca o II Maratón fotográfico “Imaxes de Inverno” para o sábado, 12 de marzo.
Ábrese o prazo de inscrición que se fará por correo na dirección electrónica maratonfotografico@gmail.com Poden participar todos os maiores de 16 anos, aínda que os menores de idade deberán adxuntar unha autorización dos pais o titores.
Ofértanse 50 prazas, 20 máis que na primeira edición celebrada o pasado A Casa da Luz será o punto de partida do maratón e será alí onde desvelarase a temática que terán que seguir os concursantes. Estableceranse tres categorías para que os participantes presenten as súas imaxes que deberán tomarse no día do concurso e terán que ser orixinais.
Haberá cinco premios: un xeral, un por cada unha das tres categorías e un do público. Este último poderá votar nos días que dura a exposición que amosará os traballos feitos durante a maratón e que estará aberta na Casa da Luz dende o día 15 ao 30 de abril. O maratón ten tamén unha compoñente de dinamización da cidade polo que os premios serán vales que se poderán trocar en establecementos da cidade.











