O Concello de Ourense leva aos colexios un programa de saúde bucodental dirixido a 1.200 escolares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Partindo da premisa de que a meirande parte dos hábitos se crean nas primeiras etapas da vida, e que a escola é un contexto favorable para a formación integral da poboación infantil, a Concellería de Educación desenvolverá un programas de charlas de educación bucodental dirixida aos escolares da cidade. A idea, en palabras de Belén Iglesias, titular de Educación, “é que os nenos e nenas adquiran coñecementos beneficiosos para manter unha boa saúde oral”.

Enmarcado no programa educativo Educación en Saúde, este programa vai dirixido aos escolares nas idade de Educación Infantil e de Educación Primaria, chegando a un total de 1.195 rapaces. Coñecer a importancia de manter unha adecuada hixiene oral, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia, poidan evitar enfermidades bucodentais posteriores, son os grandes obxectivos deste programa.

Levarase a cabo nos centros escolares que solicitaron este programa, e comezarase o vindeiro venres 12 de febreiro no colexio Concepción Arenal desde as 16:30 horas.

10 de febreiro de 2016 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.