O Concello de Ourense, a Fundación Amancio Ortega e a Xunta porán en marcha un centro interxeneracional
O Concello de Ourense, a Xunta de Galicia a través do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade de do Benestar e a Fundación Amancio Ortega colaborarán na construción e posta en marcha dun novo equipamento social na cidade: un centro interxeracional, que albergará nun mesmo contorno unha escola infantil, que estará integrada dentro da Rede de Escolas Infantís de Galicia, xestionadas polo Consorcio, e un centro para persoas maiores para a promoción da autonomía persoal e a prevención da dependencia.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, detallou esta mañá en rolda de prensa as características deste proxecto, que se ubicará na rúa Ramón Abellás, en terreos achegados polo Concello, cunha superficie total de 4.480,80 metros cadrados, que dará atención a nenos e nenas de 0 a 3 anos nunha Escola Infantil de 2.131,85 m2, e un Centro de Formación e Actividades para persoas maiores, de 2.356,95 m2.
En concreto, a escola infantil estará dotada de seis aulas -dúas por cada franxa de idade-; ademais de espazos de usos múltiples, comedor, baños e vestiario adaptado, zona de cociña e despensa, almacén e patio propio, entre outros. Pola súa parte, o centro para persoas maiores estará equipado con seis salas para actividades, convivencia e usos múltiples; aseos e vestiario adaptado, sala de curas, lavandería, comedor e patio.
A edificacións, de planta baixa, ocupará unha superficie construída total de 4.488,80 metros cadrados repartidos practicamente a partes iguais. A Fundación Amancio Ortega financiará a construción destes equipamentos, que serán de titularidade da administración autonómica, e, polo tanto, terán carácter público.
Servizo innovador e de máxima calidade
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destacou o carácter innovador deste centro, cuxa vocación é prestar un novo servizo da máxima calidade para nenos e maiores, e as súas familias, pero tamén dun xeito pioneiro poñer en relación e conexión directa aos usuarios de ambos os edificios: escola infantil e centro de adultos.
“Un centro interxeracional é moito máis ca un espazo compartido _explicou_. É un lugar inclusivo, de intercambio, no que nenos e maiores interactúan e aprenden uns doutros en encontros que lles ensinan a entenderse e a respectarse”.
O proxecto, asegurou Vázquez Abad, responde a unha “nova forma de organizar os servizos en resposta directa ás demandas da sociedade actual”, neste caso cun múltiple eixo: conciliación familiar, calidade de vida na infancia e na terceira idade, resposta ás posibilidades de envellecemento activo e saudable dos nosos maiores e convivencia e intercambio de experiencias interxeracional, fomentando unha sociedade para todas as idades”.
Convenio de Colaboración da Fundación Amancio Ortega Consorcio Galego de Servizos da Igualdade de do Benestar da Xunta de Galicia
Este proxecto forma parte do desenvolvimento dun Convenio de Colaboración entre a Fundación Amancio Ortega e o Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar de la Xunta de Galicia firmado en marzo de 2012 y a través do que se impulsou a construcción de nove escolas infantís para a rede pública. As novas escolas atópanse xa en servizo en Ferrol, Melide e Cambre; finalizada a súa construción na Coruña; actualmente en construcción en Arteixo e pendentes de trámites administrativos en Lugo, Vigo e Santiago de Compostela. A súa posta en marcha suporá a creación de máis de 750 prazas públicas para nenos de 0 a 3 anos, cunha inversión por parte da Fundación Amancio Ortega superior aos 15 millóns de euros para a construción, equipamento e material de primeiro uso.











