O Concello de Lugo desenvolve unha aplicación con rutas gastronómicas pola cidade
O Concello de Lugo desenvolveu unha aplicación web para promover rutas gastronómicas pola cidade, a través dun taller financiado tanto pola administración local como autonómica.
En concreto, como destacou a alcaldesa, Lara Méndez, son 31 os establecementos de Lugo que participan nas rutas do lacón, do polbo, do grelo, do queixo e do doce.
A rexedora destacou que neses locais “a elaboración” das súas comidas “é con produtos gastronómicos de terra e mar”, que se plasman “nun gastromapa” que se pode descargar gratuitamente. Xunto con iso, editaranse 5.000 folletos.
Este mesmo taller, bautizado como ‘Cultura-Lucus’ e no que participaron 23 desempregados, creou tamén un mapa por onde transcorre o Camiño Primitivo polo termo municipal de Lugo, cunha tiraxe de 500 exemplares.











